Un equipo galego queda segundo nun concurso de videoclips de The Prodigy

O certame pretendía facer un vídeo para a canción Run with the Wolves

Run with the Wolves (Correndo cos lobos) é o título dunha das últimas cancións do coñecido grupo The Prodigy. Pero tamén o tema para o que había que facer un videoclip mediante o concurso que a formación británica convocou pola rede. De máis de trescentas propostas, o clip enviado por Omnivorous Tree (unha entidade creada por cinco ex empregados de Dygra, María Lodeiro, David Martín,Tamara Meiras, Sara Cueto e Rubén López Ares) quedou en segundo lugar nas votacións do público. Finalmente non foi elixido pola formación para ilustrar a súa canción pero serviu de carta de presentación para este prometedor equipo.